Haz clic en la imagen para ampliarla
Fecha de edición: 29/04/1997
OS POETAS GALEGOS E FRANCO
O presente volume, Os poetas galegos e Franco (Estudio e antoloxía), e único no xénero. Niguén recolleu nunha obra tantos poemas Francófilos e tantos Francófobos, e ninguén fixo un estudio político-literario dun corpus poético referido a Franco. Entre os apoloxistas de Franco hai poetas sinceros (algúns non desdeñables), poetas retóricos e algún forzado a cantar desde as musas do medo. Entre os Francófobos (rexoubeiros ou execrdores) figuran algunhas das mellores musas satíricas de Galicia: as mellores linguas viperinas de maldicir. Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), na actualidade catedrático de Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela e membro numerario da Real Academia Galega, dirixiu, na nosa editorial, entre 1973 e 1980m dñuyas coleccións sobre temas e problemas galegos: “Arealonga” e “Arealonguiña”. Estudioso, desde jai décadas, do feito lingüístico e literario galego, aborda esta problemática desde os presupostos do marxismo. Aí están, entre outros libros, La Palabra en la realidad (1963), Realismo y conciencia crítica en la literatura gallega (1968), O que cómpre saber da lingua galega (1969), Rosalía de Castro (1972), Imforme –dramático- sobre la lengua gallega (1973), As palabras no exilio: biografía intelectual de Luís Seoane (1994), Ensayos breves de literatura e política (1997) ...
El contacto de seguridad todavía no está disponible. Si necesitan esta información solicítenla mediante este enlace
Este artículo no tiene advertencias de seguridad. Si tienen alguna duda al respecto consulten al contacto de seguridad.