Haz clic en la imagen para ampliarla
Fecha de edición: 01/12/2015
BALEA
BALEA é un gran mural de dobre cara, pregado coma un acordeón, que representa unha enorme balea metálica sumerxida no fondo do mar, xunto con algas, peces de vivos colores e outras criaturas acuáticas. Ao seu arredor, uns simpáticos buzos de traxe amarelo, protagonistas mudos deste libro-obxecto visual. Ao xirar a folla cambia a perspectiva dos lectores, que observan o interior do artiluxio, dividido en numerosas estancias. É aí onde entra en xogo a imaxinación, para recrear que sucede na sala de control do cetáceo mecánico, que preparan na cociña, de qué falan os encargados do horto, en que traballan os operarios do taller E así en moitas máis salas: ximnasio, dormitorios, despensa
El contacto de seguridad todavía no está disponible. Si necesitan esta información solicítenla mediante este enlace
Este artículo no tiene advertencias de seguridad. Si tienen alguna duda al respecto consulten al contacto de seguridad.